martes, 16 de febrero de 2016

NOVAS CAMISOLAS XV ANIVERSARIO

Xa temos as novas camisolas do XV aniversario de Brigadas.
Poderedes facervos con elas polo prezo de só 10 €.
Estarán á venda a partir desta sexta día 19 no posto de material da Candeloria e na previa do Lugo-Leganés
SOMOS A TÚA VOZ!







jueves, 21 de enero de 2016

SORTEO DO XV ANIVERSARIO DE BRIGADAS LUCENSES

Seguimos celebrando o aniversario de B*L .

Alén doutras actividades que se farán lanzamos o sorteo dunha camisola do Lugo (versión da cervexa) asinada por todo o plantel do CD Lugo desta segunda volta da tempada 2015-16, así como un lote do material conmemorativo do XV aniversario que se irá facendo ao longo do que resta de tempada. Xa están dispoñíbeis as rifas que se poderán adquirir desde o sábado 23 na barrilada, na nosa bancada nos descansos dos partidos como locais ou nas previas dos mesmos.
O prezo de cada rifa é de só 1 €




Deixamos a continuación unhas pequenas "bases" do procedemento que se seguirá para escoller gañador/a:

-Como pon nas rifas, o número gañador será o que coincida coas tres últimas cifras do número premiado do sorteo da ONCE do día 20-5-2016 (sexta feira), que será publicado nas nosas redes sociais así que acabe o sorteo

-Editáronse rifas que abranguen dende o número 000 até o 999

-A persoa que teña o número premiado terá un prazo de 7 DÍAS para pórse en contacto con nós a través do e-mail ou redes sociais para podermos entregarlle o premio

-Se o día 27 de maio ás 23:59 non recibimos novas da persoa gañadora, o premio será para a persoa  que máis se achegue ao número premiado (sen superar a cifra), que terá outro prazo de 7 DÍAS para pórse en contacto con nós a través do e-mail ou das redes sociais e entregarlle o lote de premios.

-No caso de que non se distribúan todas as rifas editadas, o procedemento para escoller gañador será o mesmo que o exposto no punto de arriba (o número que máis se achegue sen pasarse) e disporán tamén dunha semana de prazo para reclamar o premio

Recomendamos que as persoas que adquiran participacións no sorteo estexan atentas eses días ás nosas redes para saberen o número premiado.

Agardamos a vosa participación no sorteo. Moita sorte aos participantes e FORZA LUGO!

miércoles, 9 de diciembre de 2015

NOVOS CHISQUEIROS DE SL

Desde Siareiros Lugos lanzamos á venda estes chisqueiros co deseño de "LUGO TERRA BRAVA".
Estarán á venda por só 1 € nos descansos do partido na nosa bancada ou nas previas.
Nos próximos días informaremos dos bares onde tamén haberá algunhas unidades para seren vendidas.
NON FIQUES SEN O TEU!




domingo, 13 de septiembre de 2015

XA Á VENDA AS NOVAS CAMISOLAS

XA ESTÁN Á VENDA AS NOVAS CAMISOLAS DE ESTE INICIO DE TEMPADA
PODERANSE ADQUIRIR AO PREZO DE 1O € NAS PREVIAS OU NO DESCANSO NA NOSA ZONA DO FONDO NORTE.
NON FIQUES SEN ELA!!!



domingo, 30 de agosto de 2015

NOVAS CAMISOLAS

PROXIMAMENTE ESTARÁN DISPOÑÍBEIS AS NOVAS CAMISOLAS DE SIAREIROS LUGO, QUE SE PODERÁN ADQUIRIR AO PREZO DE DEZ EUROS NA PREVIA DO SEGUINTE PARTIDO NA CASA OU BEN NO PROPIO FONDO NORTE.